Quiosco: Raigame número 52

Aborda as relacións culturais entre a Galicia e a Bretaña

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Portada do número 52 de Raigame

Portada do número 52 de Raigame

O número 52 da revista Raigame, editada polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense, aborda as relacións culturais e históricas entre a Galicia e a Bretaña. Deste xeito, César Llana, director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, aborda a figura de Castelao e Afonso Vázquez-Monxardín dentese nas relacións entre a xeración Nós coa Bretaña, tanto a través das viaxes como dos contactos cos seus intelectuais. A terceira parte da publicación inclúe as actas das xornadas do patrimonio do Institut de Recherche Jacquaire, celebradas en Quimper. Pablo Nogueira estuda as similitudes e diferencias entre os calvarios bretóns e galegos, Denise Péricard-Méa repasa o culto a Santiago en Bretaña e Pierre Nédelle aborda as comunicacións marítima entre Galicia e a Bretaña, entre outros artigos. A revista pódese descargar de balde en pdf.

Que che parece esta nova?
109 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito