Quiosco: Revista Raigame número 53

O novo número analiza a vida e obra de Xesús Ferro Couselo

30/1/2026 | Santiago. Redacción | Seccións: QuioscoHistoria
50 lecturas | Compartido 0 veces

Cuberta da revista Raigame número 53

O número 53 da revista Raigame presta atención a unha destacada figura da cultura ourensá do século XX: Xesús Ferro Couselo (1906-1975), de quen se cumpren 50 anos do seu cabodano. Aínda que natural de Cordeiro (Valga), Ferro Couselo exerceu a súa labor profesional na cidade e provincia de Ourense, onde exerceu un destacado labor investigador histórico e arqueolóxico. Nos artigos, Jesús de Juana sistematiza a súa biografía, Felipe Senén evoca o Ourense dos anos sesenta e a labor docente de Ferro Couselo, César Llana explica a súa implicación co Museo Arqueolóxico de Ourense, e Xulio Rodríguez ou José María Eguileta ofrecen unha panorámica da súa obra arqueolóxica. Isabel Almuíña detense no Ferro Couselo historiador e arquiveiro. A publicación tamén conta cunha evocación de Xesús Alonso Montero a quen foi o seu "valedor" durante a etapa universitaria. Afonso Vázquez Monxardín lembra tamén a influencia de Ferro Couselo na súa voación profesional. A revista Raigame está editada polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego