Coincidindo co 117 aniversario do nacemento de Xesús Ferro Couselo, que se celebrou o pasado domingo, 30 de xullo, deuse a coñecer o fallo da XXIV edición do premio que leva o seu nome convocado polo Concello de Valga. O investigador e arquiveiro Francisco M. Sandoval Verea, natural de Ordes e residente en Allariz (Ourense), é o gañador da primeira modalidade, dotada con 4.000 euros e referida a traballos de investigación de ámbito galego, dentro das especialidades de etnografÃa, paleografÃa, numismática, arqueoloxÃa, historia e historia da arte. Sandoval recibiu o favor unánime do xurado polo traballo titulado "A paisaxe e a organización do espazo do interior coruñés durante os séculos XVI a XIX", centrado nos concellos que forman parte da bisbarra de Ordes.
Nesta investigación, que será publicada polo Concello, abórdase o conxunto de elementos naturais ou propiciados polo home que motivaron a formación desta comarca. Estúdanse, por exemplo, as caracterÃsticas do medio fÃsico e a organización que lle deron as comunidades humanas para a súa explotación económica. Tamén se examina a organización eclesiástica e polÃtico-administrativa e analÃzase o papel que xogaron a rede viaria ou as feiras na articulación do territorio comarcal e ata que punto eses e outros aspectos condicionaron o auxe ou declive de determinadas localidades. O xurado destacou deste traballo "a súa boa base documental e o novidoso dalgúns prantexamentos xa que ofrece unha perspectiva bastante actual, centrándose non só no aspecto histórico, senón tamén na organización polÃtica e administrativa, nas redes viarias, mercados ou no urbanismo".
Bolsa de investigación para Segunda Llerena
Na segunda modalidade do certame, consistente nunha bolsa dotada con 3.000 euros para proxectos centrados en estudos históricos, etnográficos ou sobre persoeiros do municipio de Valga. Neste caso os participantes tiñan que presentar un guión razoado detallando os obxectivos que pretenden acadar co seu traballo, a metodoloxÃa a empregar e as distintas fases de realización. A gañadora foi MarÃa Segunda Llerena Orgaz, de Pontecesures, que propuxo unha investigación centrada na figura do Padre Isorna, franciscano nado en Barcia (Cordeiro) e falecido en 2016. Co seu traballo pretende afondar no coñecemento deste persoeiro senlleiro. O proxecto de investigación afondará nas súas etapas vitais e orixes familiares, a súa vida relixiosa na orde franciscana, a formación teolóxica e pastoral, a súa actividade coma mestre, os diferentes destinos dentro da súa vida relixiosa, a súas viaxes fóra de España, a obra escrita, artigos de prensa, a súa valÃa coma orador e a relación que mantivo cos grandes intelectuais galegos, ademais da súa presenza na TVG coas misas dominicais en directo e en lingua galega. En total, nesta edición presentáronse sete traballos: tres á primeira modalidade e catro na segunda.
O tribunal estivo presidido polo alcalde, José MarÃa Bello Maneiro, e integrado por Xulio RodrÃguez González, facultativo do Corpo Superior de Museos; Pegerto Saavedra Fernández, Catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago; Marcial Gondar Portasany, Catedrático de AntropoloxÃa da Facultade de FilosofÃa e Ciencias da Educación da USC; e Pablo Sánchez Ferro, director do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e neto de Xesús Ferro Couselo.