O Concello de Valga daba a coñecer este 30 de xullo o fallo da vixésima quinta xeira do Premio Xesús Ferro Couselo de investigación. O antropólogo e profesor da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro Xerardo Pereiro impúxose no certame co traballo AntropoloxÃa dos discursos sobre as identidades galegas e leva os 4.000 euros con que está dotado o galardón. A obra será publicada polo Concello de Valga.
Segundo destaca o fallo do xurado, o traballo de Pereiro afástase "dos estudos antropolóxicos tradicionais ao incorporar novas perspectivas e metodoloxÃas novidosas". A obra analiza "os discursos, relatos, representacións e interpretacións eruditas, intelectuais e populares sobre a identidade galega", tendo en conta cuestións coma a instrumentalización da cuestión indentitaria, a súa mercantilización ou a influencia da globalización. Segundo sinal ao autor no limiar, a súa intención é abordar "quen somos, como nos vemos, como somos vistos, como nos representan e representamos, pero tamén cales poden ser os futuribles da identidade colectiva galega nun mundo global como o de hoxe".
Canda a este premio, orientado a traballos de investigación de ámbito galego, dentro das especialidades de etnografÃa, paleografÃa, numismática, arqueoloxÃa, historia e historia da arte, o xurado entregou tamén o galardón correspondente á modalidade de estudos estudios históricos, etnográficos ou sobre personaxes de Valga. Esta categorÃa, dotada cunha bolsa de estudos de 3.000 euros, foi para Gael UxÃo ProupÃn Cantelar, quen propuxo o estudo Valga na autarquÃa: dÃa a dÃa dun concello fronte a un modelo económico imposto. Na investigación que pretende desenvolver, o autor quer analizar as repercusións que tivo no concello a implantación, trala Guerra Civil, do sistema económico da autarquÃa, baseado na autosuficiencia e no control, por parte do Estado, da produción, o prezo e o abastecemento dos produtos.
O xurado do Premio Ferro Couselo estivo integrado por Xulio RodrÃguez González, facultativo do Corpo Superior de Museos; Pegerto Saavedra Fernández, Catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago; Marcial Gondar Portasany, Catedrático de AntropoloxÃa da Facultade de FilosofÃa e Ciencias da Educación da USC; e Pablo Sánchez Ferro, director do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e neto de Xesús Ferro Couselo. En total presentáronse seis traballos á primeira modalidade do certame e dous á segunda.