Quiosco: A trabe de ouro número 127

A revista revisa a comunicación local nos Estados Unidos ou os escenarios galegos da Materia de Bretaña

24/1/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura
55 lecturas | Compartido 0 veces

A revista A trabe de ouro aborda no seu número 127 contidos de diversas temáticas. Por unha banda, Toby Miller, Marwan Kraidy e Bill Grantham traban sobre o poder dos medios locais nos Estados Unidos. Nun ámbito ben distinto, Héitor Picallo remata a súa investigación ao redor da presenza de escenarios galegos nas historias da materia de Bretaña, o ciclo medieval artúrico, que teñen a ver con Merlín. E Antón Capelán repasa os certames literarios "alén e aquén Miño" en 1960. Chus Pato escribe sobre a poesía de Luísa Villata e Malores Villanueva analiza a poesía de Oriana Méndez, entre moitos outros contidos.

Universo culturagalega.gal

14/01/2022

Quiosco: A Trabe de Ouro 118

Reflexións sobre o capitalismo, o populismo de Jácome ou unha lembranza de Xosé Ramón Barreiro fan parte da entrega

Universos