Desde o século XIX, a cultura galega vén insistindo nos paralelismos culturais, sociais, históricos entre Galicia e a Bretaña francesa. Porén, estas relacións nos ámbitos da cultura non sempre foron correspondidas nin deron lugar a un intercambio común intenso máis alá dos encontros musicais. Agora, o libro Galicia-Bretaña. Olladas comparadas, editado polo Consello da Cultura Galega e coordinado por Ramón Villares, Jean François Botrel e Christine Rivalan Guégo, fai un exercicio de actualización destes paralelismos con expertos das dúas puntas do Atlántico.
Se, como sinala Jean François Botrel na publicación, os bretóns comezaron a facer pequenas incursións na relación con Galicia a partir dos anos 60, o certo é que en Galicia comezouse a construÃr unha idea da relación coa Bretaña a partir da expansión do celtismo no XIX como corrente historiográfica e cultural.
Estas relacións intensificáronse a partir da creación de entidades comúns que conseguiron, a partir da creación de estruturas estables, crear novas canles. Botrel sinala a creación en 1966, do Comité d’étude et de liaison des intérêts bretons (CELIB), do Comité Bretagne-Galice, no contexto da expansión económica da época e da instalación de Citroën en Vigo. Pero o salto cualitativo, cando menos desde o punto de vista da investigación, darase a partir do acordo de 1978 entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Rennes 2. Será o punto de partida para numerosas investigacións que profundizan nos paralelos desde o punto de vista da historia ou dos estudos culturais.
Con todo, un dos organismos máis relevantes para o establecemento de ligazóns culturais foi a segunda época deste comité, a partir de 1980, baixo a presidencia do profesor Robert Omnès, da UBO, realizando publicacións, un importante boletÃn e promovendo irmandamentos entre vilas galegas e bretoas, dos que van máis de vinte. Botrel sinala o importante papel xogado polo Centre d'Études Galiciennes (1994-2010), que significou o ensino regular da lingua galega no contexto universitario e un importante cambio.
Debate sobre as relacións entre Galicia e Bretaña a cargo de Ramón Villares e Christine Rivalan: