
A presentación do proxecto El Poeta vs La Máquina, obra construída en Nova York polos autores vigueses Ismael Faro, Mariel Martínez, Vanesa Álvarez e Marcos de la Fuente abre o programa, a combinar poesía, música electrónica, artes visuais e intelixencia artificial. A isto seguirá unha mesa redonda sobre IA e creatividade. No día 16 proxectarase o documental Sal and Dean: tras los pasos de Kerouac ao que seguirá unha conversa co produtor Jordi Carbonell e a directora Rosa García.
Para o día 17 o rap de Malvares, vocalista de Rebeliom do Inframundo, a presentación do proxecto Verdeoir, que integra a poeta Noelia Gómez co músico Rui Granha, a voz de Najla Shami e mais o proxecto musical Nueva Tragedia compoñen o programa previsto.
O Museo MARCO acolle a xornada central da edición o día 18, no que participarán La Sole & El Hombre Viento, proxecto que fusiona underground, rap e electrónica, a poeta Olalla Cociña, a performance de Annalisa Marí Pegrum e os veteranos Alberto Avendaño & Manolo Romón, que presentan MOLOTOV, proposta híbrida de poesía e multimedia .