O Festival Kerouac homenaxea as mariscadoras na súa XIV edición

Vigo acolle o encontro poético entre os días 24 e 26

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Festival Kerouac homenaxea as mariscadoras na súa XIV edición

As mulleres protagonizan a XIV xeira do Festival Kerouac de Vigo. O encontro poético conta nesta ocasión coa muller como protagonista e unha homenaxe especial ás mariscadoras, que protagonizan o seu cartel. Entre os días 24 e 26 de outubro, o programa achega cun concerto, un recital colectivo e unha proposta multimedia.

Un concerto free jazz con Sunil López ao piano e a poesía de Marcos de la Fuente abre o programa desta xeira na Escola de Artes e Oficios. Ao longo do mesmo, o alumnado da escola traducirá ao vivo e en varios idiomas poemas do autor.

O día 25, un recital colectivo contará coa mariscadora-poeta de Vilanova, Dula Piñeiro, será unha das protagonistas desta xeira. Canda a ela, a lisboeta Elisa Scarpa, Ana Corzo, Alicia Louzao, Xan Martínez, Queco Fresco, Miguel Cuña, Benito Piñeiro, Aarón Franco, Elena Lameiro, Xoán Pedreira e Nila A. Pousa amosará as súas creacións.

O evento fecha cun recital que combina poesía con música, performance e proxeccións audiovisuais no MARCO. María Xosé Queizán, Ana María Caballero, José Lameiras, o dúo Clo Plas (Xiana Arias e Berio Molina), Desatado e Amalia Puga.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Poesía, Berio Molina, María Xosé Queizán...