Este catro de febreiro abre as súas portas a cuarta edición do Festival Kerouac en México. O encontro poético, que celebra cada ano tamén xeiras en Vigo e en Nova York, conta nesta ocasión cunha especial presenza do homenaxeado no Día das Letras Galegas. A poeta Fátima Delgado, familiar de Florencio Delgado Gurriarán, desenvolve no marco do programa unha peza dramática a contar a historia do escritor valdeorrés, que pasou parte da súa vida emigrado en México.
A programación, que se poderá seguir en streaming polas redes sociais da organización, recolle unha representación escena poética mexicana, ademais de artistas visitantes de Berlín, Madrid, Los Ángeles ou Nueva York. Nomes coma Karloz Atl, Paula Medina, Maijo Mora, Arantxa Araujo, Arantxa Araujo, Arantxa Araujo ou Ánuar Zúñiga Aime protagonizan a primeira das dúas xornadas do festival.
Canda a eles, o programa desenvólvese ao longo do día 5 con Rojo Córdova, Roció Cerón e Martín Rangel, Horacio Warpola, CNDSD e Canek Zapata, que presentarán un poemario en código web, ou Alec Ekvall e Marcos de la Fuente. As propostas combinan recitais en voz alta con proxectos de hipertexto, slam, escritura xerativa, performance, poesía en código, videopoesía ou libro dixital entre outros formatos.