A RAG escolle a Florencio Delgado Gurriarán para as Letras Galegas 2022

A RAG quere homenaxear "por primeira vez a Galicia do exilio republicano en México"

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Florencio Delgado Gurriarán. Foto: RAG

Florencio Delgado Gurriarán. Foto: RAG

O pleno da Real Academia Galega resolveu esta mañá dedicar o Día das Letras Galegas 2022 a Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, 1903 - Fair Oaks, California, 1987), un autor ourensán "cuxo labor literario e activismo político e cultural constitúen un dos capítulos máis destacados das letras galegas da diáspora". Nun comunicado, a RAG define a Gurriarán como "excelente poeta e cultivador dun galego enxebre característico das terras de Valdeorras", e quere destacar que coa súa elección tamén se homenaxea "por primeira vez" a Galicia do exilio republicano en México.

Florencio Delgado Gurriarán é definido pola Academia Galega como "ponte entre a Galicia exiliada en México e a Galicia interior". El chegou a México tras escapar a través de Francia no ano 1939, no famoso buque Ipanema que levou os refuxiados españolis a América. Gurriarán era un membro "moi activo" do Partido Galeguista en Valdeorras e tamén estivera vinculado ás Irmandades da Fala e ao Seminario de Estudos Galegos, ademais de participar nas correntes poéticas de vangarda. En América realizou unha importantísima tarefa para manter viva a cultura galega, ben a través de constribucións propias como poeta, ben a través da tradución de grandes autores da literatura universal ao galego ou mesmo coa edición de importantísimas revistas como Vieiros (1959-1968), que facilitou o diálogo cultural entre os exiliados e a Galicia do interior.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Florencio Delgado Gurriarán, México, Valdeorras, Día das Letras Galegas...