Co título Estudos arredor de Florencio Delgado Gurriarán, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades presentaba este 20 de decembro o número 45 dos Cadernos Ramón Piñeiro. A publicación, coordinada por Luís Alonso Girgado, Luís Cochón e Armando Requeixo, reúne unha vintena de artigos que analizan a vida e obra do escritor valdeorrés homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano.
Os temas e motivos da biobibliografía do autor, cartas, a súa relación co Partido Galeguista e Galeuzca, coa Real Academia Galega ou coa lírica de Cabanillas son algún dos temas que se abordan no volume. Tamén se tratan as influencias poéticas de Amado Carballo na súa escrita ou a súa obra como tradutor.
A listaxe de colaboracións da publicación inclúe a Ana Acuña Trabazo, Patricia Arias Chachero, Xosé Manuel Dasilva, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, Antón Dobao, X. Carlos Domínguez Alberte, Xosé Estévez, Noelia Estévez Rionegro, Víctor F. Freixanes, Camilo F. Valdehorras, Xosé González Martínez, Bieito Iglesias, Emilio Xosé Ínsua, María Xesús Lama, Xurxo Martínez González, Xosé L. Pastoriza Rozas, Xulio Prada Rodríguez, Claudio Rodríguez Fer, Séchu Sende, José Manuel Vélez Latorre, Malores Villanueva Gesteira, Miro Villar e Ioana Vladu.
A publicación pon punto e final á programación coa que a Xunta conmemorou o Día das Letras dedicado a Delgado Gurriarán.