Miro Villar asina a biografía de Florencio Delgado Gurriarán para Xerais

A obra achega ao público escolar a traxectoria do galeguista exiliado en México

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Miro Villar asina a biografía de Florencio Delgado Gurriarán para Xerais

O web de Edicións Xerais recolle o lanzamento de Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta no exilio mexicano. Miro Villar asina esta biografía do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2022. A obra chega este mes de xaneiro á colección Librox na que, como é habitual, quérese achegar ao alumnado de ensino secundario a traxectoria da persoa protagonista de cada dezasete de maio.

Segundo adianta a presentación da obra, de oitenta páxinas, trátase dun "libro divulgativo sobre a vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán, o autor das Letras Galegas 2022. Unha traxectoria marcada polo compromiso antifranquista e republicano. Unha biografía ao servizo do galeguismo desde o exilio mexicano".

Que che parece esta nova?
101 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Florencio Delgado Gurriarán, Miro Villar, Miro Villar, México...