Chegan as primeiras publicacións sobre Florencio Delgado

Lela Edicións presenta unha biografía e Galaxia lanzará reedicións e un novo estudo sobre a súa figura

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Chegan as primeiras publicacións sobre Florencio Delgado

De Valdeorras a México. Terra a Nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán é o título da obra que acaba de presentar Lela Edicións e que estrea as publicacións dedicadas ao homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022. A obra, con ilustracións de Tania Solla, achega ao público máis novo a biografía e fragmentos do traballo poético do autor de Valdeorras, a percorrer os seus espazos vitais, as súas inquedanzas culturais e as perspectivas políticas que o acompañaron.

Pola súa banda, Galaxia anunciou o seu plan editorial arredor do homenaxeado para o comezo deste ano. As reedicións de Bebedeira, Galicia infinda ou O soño do guieiro acompañaranse dun traballo de Xesús Alonso Montero que percorrerá a vida de Gurriarán e que se complementará cunha antoloxía do autor. A firma viguesa adianta ademais que recuperará o traballo de Ricardo Gurriarán sobre Florencio Delgado, Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista, publicado orixinalmente en 1999.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valdeorras, Florencio Delgado Gurriarán, Día das Letras Galegas, México...