Lela edicións presenta a súa publicación polo Día das Letras

Cantareiras achega ao público infantil o patrimonio inmaterial que se celebra este 17 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Lela edicións presenta a súa publicación polo Día das Letras

Co título Cantareiras. A poesía popular no Día das Letras 2025, Lela Edicións presentou a publicación coa que se suma ás homenaxes deste 17 de maio. Ilustracións de Tania Solla complementan un texto do colectivo Polo Correo do Vento que repasa o traballo de Dorothé Schubarth a elaborar o Cancioneiro Popular Galego.

Para alén de homenaxear o traballo da etnomusicóloga, o volume de 32 páxinas explica tamén o labor das cantareiras homenaxeadas este ano e a súa importancia como transmisoras deste patrimonio inmaterial. Segundo explica a presentación do volume estas mulleres "foron creadoras e transmisoras de arte e beleza malia a vida difícil que lles tocou vivir".

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

O cancioneiro en dixital

O cancioneiro en dixital

A Fundación Barrié publica na rede o Cancioneiro Popular Galego de Schubarth e Santamarina

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dorothé Schubarth, Cancioneiro, Poesía, Mulleres

Claves

Protagonistas