
Mercedes Peón, Ana RomanÃ, Selina Otero, Andrea Nunes Brións e Susana Sánchez ArÃns asinan esta obra, que inclúe entrevistas con tocadoras tradicionais, reflexións teóricas e rexistra o proceso que deu pé á creación deste colectivo. Presentada na pasada edición da feira Culturgal, a obra está a chegar a todas as librarÃas do paÃs.
A coincidir coa efeméride, a editorial presentou tamén Maxicamente vella, eternamente nova, a literatura tradicional galega. Carlos Callón asina este achegamento ás formas populares de creación literaria de transmisión oral, a incluÃr tanto cancións como adiviñas, contos, recitados e outras formas.
Pola súa banda, da man de MarÃa Lado, a editorial lanza Canta, miña compañeira, unha viaxe á historia das mulleres homenaxeadas neste DÃa das Letras. Orientada ao público xuvenil, a obra achégase á vida de Adolfina, Rosa, Eva, Prudencia, Asunción e Manuela "nomes propios de seis das miles de cantareiras ou pandeireteiras que ao longo do tempo crearon e conservaron unha rica poesÃa popular oral, que foi transmitida de xeración en xeración".
Finalmente, Eva Mejuto asina o texto e LucÃa Cobo as ilustracións de Sei cantar e sei bailar. Este álbum ilustrado segue as pegadas de Dorothé Schubarth nas viaxes que lle permitiron artellar o Cancioneiro popular galego. Orientado a público infantil, a obra conta cun apéndice informativo e cunha web que permite coñecer mellor a poesÃa e a música tradicional do noso paÃs.