Galaxia publica a biografía de Delgado Gurriarán para lectura con pictogramas

'Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Un legado infindo', de Lucía Gómez Álvarez sae na colección Lectura Fácil

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Galaxia publica a biografía de Delgado Gurriarán para lectura con pictogramas

A editorial Galaxia ven de abrir as publicación de libros sobre o seguinte homenaxeado co Día das letras galegas para 2022 e faino cunha obra biográfica nun formato integrador de acceso lector a todos os niveis. 'Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Un legado infindo', de Lucía Gómez Álvarez sae na colección “Lectura Fácil” da editorial. A obra conta con pictogramas que axudan a entender as historias e os poemas. Neste caso, a vida de Florencio Manuel Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras, 1903- Fair Oaks, California 1987) para achegar a todas e todos o labor cultural do homenaxeado no vindeiro ano. Delgado Gurriarán foi un avogado e poeta galego. En 1933 ingresou no Partido Galeguista e, tras o comezo da Guerra Civil, logrou escapar a Portugal, despois a Francia e, por último, a Barcelona. Ao rematar a Guerra Civil, marchou ao exilio a México. Foi unha persoa moi concienciada coa cultura galega, sendo un dos fundadores da revista “Vieiros”. Cando volveu a Galicia, foi nomeado membro da Real Academia Galega. A través deste libro, sinxelo e moi ilustrativo, todas as persoas poderán coñecer mellor a figura do escritor e, sobre todo, comprender a súa vida.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lucía Gómez Álvarez, Guerra Civil, Día das Letras Galegas, Vieiros...