Quiosco: Boletín da RAG número 383

Está dedicado a Florencio Delgado Gurriarán

28/4/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:

Cuberta do Boletín

O novo número do Boletín da Real Academia Galega está dedicado ao poeta de Valdeorras Florencio Delgado Gurriarán. A revista contén artigos de diferentes expertos ao redor da figura de Delgado Gurriarán e o seu contexto histórico e cultural. Deste xeito, Xesús Alonso Montero aborda a poesía sociolingüística do poeta e Ramón Nicolás estuda a correspondencia do autor con Ramón Otero Pedrayo e Rodolfo Prada. O seu sobriño Ricardo Gurriarán aborda a súa biografía e Pilar Cagiao contextualiza o México de emigración e exilio ao que chega o escritor, entre outros autores. A publicación é de descarga gratuíta no web da RAG.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Florencio Delgado Gurriarán, Xesús Alonso Montero, Ricardo Gurriarán, Ramón Nicolás...