O festival Kerouac inicia a súa XIII edición

O encontro poético desenvólvese en Vigo ata o vindeiro 21 de outubro

Un recital poético de Oriana Méndez e as cancións de Malvares de Moscoso a partir dos versos de Mario Regueira abren na tarde deste 19 de outubro a XIII edición do Festival Kerouac. O evento poético volta a Vigo cun programa que se desenvolve ata o vindeiro 21 de outubro.

Na segunda xornada do encontro, o día 20, protagonizan o recital en El Corte Inglés Montse Villar, Carmeliña García e mais o histórico Alberto Avendaño, do grupo Rompente, que contará coa música de Pepe Bordallo a o acompañar.

No recital colectivo de feche destaca o poeta madrileño Mario Obrero, que levou o Premio Loewe, que estará no MARCO canda á barcelonesa Lola Nieto e o tamén madrileño Óscar Curieses, que contará coa música de Pablo Ramírez para acompañar os seus versos no MARCO.