A poeta estadounidense Anne Waldman encabeza o Festival Kerouac

O duodécimo encontro poético celébrase en Vigo entre os días 20 e 22 de outubro

Entre os vindeiros días 20 e 22 de outubro Vigo acolle a duodécima edición do Festival Kerouac. O encontro poético internacional conta coa autora estadounidense Anne Waldman, membro da segunda xeración Beat, como cabeza de cartel. Canda a ela, o programa inclúe os nomes de Olga Novo, Graciela Baquero Ruibal, Emma Gomis, Iria Medraño, Isolda Comesaña, Alberto Avendaño e Clara Pino, Lupita Hard, Francisco Álvarez Koki e Malvares.

A presentación da antoloxía Poetryfighters, con Lupita Hard, Malvares e Marcos de la fuente, director do festival, abre o programa na tarde do día 20. Na xornada seguinte música, artes do movemento e poesía cantada e recitada atoparanse nun evento que comezará coa actuación da performancer Emma Gomis. Alberto Avendaño acompañado da harpa de Clara Pino, a presentará o seu último traballo Caosmos. Iria Medraño, colaboradora habitual de Rebeliom do Inframundo e a viguesa Isolda Comesaña fecharán este recital.

A terceira e última das sesións do festival, o día 22, contará con Anne Waldman, a quen acompañará a súa colaboradora habitual Emma Gomis, Olga Novo, galardoada co Premio Nacional de Poesía 2020, e a autora viguesa Graciela Baquero Ruibal.