Nova York acolle a segunda xeira internacional do Festival Kerouac

O evento vigués distribuirase entre o Instituto Cervantes, a Casa Galicia e o Bowery Poetry Club

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Nova York acolle a segunda xeira internacional do Festival Kerouac

Por segundo ano, o Festival Internacional Kerouac Vigo de Poesía e Performance cruza o Atlántico e desenvolve un programa en Nova York. Logo da sexta edición do evento, que se celebrou o pasado mes de outubro na Cidade Olívica, entre os seis e nove de abril a Grande Mazá acollerá actividades líricas con selo galego. Nesta ocasión, o poeta americando Bob Holman participa no encontro, que inclúe actuacións de rúa nalgúns dos espazos máis emblemáticos da metrópole. Ademais, a artista Vanesa Álvarez leva ao Instituto Cervantes unha tea na que se poden ler versos de cincuenta poetas, e ante a que recitarán algúns dos participantes. Canda a ela, cruzarán o Atlántico Marcos de la Fuente, Malvares de Moscoso e Lupita Hard. Pola súa banda, o Bowery Poetry Club acollerá o recital Poetryfighters no que os galegos compartirán escenario con creadores locais como Steven T. Licardi, Melissa Jackson ou Nikhil Melnechuk.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nova York, Instituto Cervantes, Atlántico, Vanesa Álvarez...