Un recital transoceánico inaugura a nova edición do Festival Kerouac

Sete poetas galegas levan o mércores a poesía galega a Nova York nun evento virtual

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Un recital transoceánico inaugura a nova edición do Festival Kerouac

Esta semana iníciase en Nova York a quinta edición do Festival Kerouca, a iniciativa poética nacida en Vigo e que agora, desde Nova York, celebra a multiculturalidade na poesía e as pontes entre Galicia e a cidade norteamericana, como un "laboratorio de propostas para expandir a poesía oral cara a arte e a música". Desta volta, son tres recitais poéticos que se celebran na propia rede e en emblemáticas localizacións de Manhattan como a igrexa de Saint Marks, no East Village, e a NYC Arts Empire Gallery. A participación galega estará case toda concentrada nun recital poético en streaming o mércores 5 de maio ás 20 horas titulado "Poetry like a bridge" (A poesía como ponte) e no que participarán Luz Pichel, Marga do Val, Xiana Arias, Oriana Méndez, Anna R. Figueiredo, Malvares e Iria Medraño, e mantido por Marcos de la Fuente. O festival continuará o venres 7 de maio cun recital no que participan poetas galegos, hispanos, bascos e norteamericanos e o 8 de maio cunha performance na NYC Arts Empire Gallery no Soho.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Nova York, Oriana Méndez, Oriana Méndez...