Sete colectivos de base impulsan o Festival de Poesía en Rede

Medio cento de poetas recitarán en liña entre o 16 de abril e o 1 de maio

15/4/2020 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literaturaculturanacasa
2 lecturas | Compartido 0 veces

Cartel e horarios e do Festival de Poesía en REde

Da man do colectivo Nova Poesía Guitírica nace o Festival de Poesía en Rede de Grupos de Base. O Facebook da entidade de Guitiriz acollerá desde o 16 de abril e ata o 1 de maio recitais diarios, ás 18, 20 e 22 horas, dun total de medio cento de poetas de diferentes colectivos líricos de base do país, a razón dun cada hora. Os vídeos ficarán a disposición do público nas redes da iniciativa. Versos de Area de Ponteareas, Moraima da comarca de Ferrol, In Nave Cívitas-Colectivo Urbano Lugrís da Coruña, Nómades do Verso-Colectivo Antón Borrazás da Coruña, Irmandade Poética e Artística Luso-Galaica de Chantada e Poesía Galega Ceibe da Costa da Morte son os outros grupos que fan parte desta proposta.

Universo culturagalega.gal

03/09/2009

Poetas a ollar o mar

A Costa da Morte é berce dunha importante produción poética no noso país