Quiosco: npgGaZeta número 0

É a revista do colectivo Nova Poesía Guitírica

23/1/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturaquiosco
40 lecturas | Compartido 0 veces
O colectivo Nova Poesía Guitírica publicou o número cero da súa revista npgGaZeta, coa que pretende "ser un espazo colaborativo de expresión e comunicación de persoas que participan activamente en agrupacións poéticas cidadás de base.". O primeiro número da publicación emparella 26 poetas inéditos con outros editados. Nestes diálogos a dous podémonos atopar a Xosé María Díaz Castro con André da Ponte, Antón Borrazás con Miguel Queipo, Eva Veiga con Lía Santiso, Ricardo Carballo Calero con Loreto de Castro ou Luz Pozo Garza con Beatriz Dourado, entre moitos outros.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados