Dez poetas celebran a poesía de Luz Pozo Garza no web do CCG

O especial inclúe lecturas e traducións ao inglés da súa poesía

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Cando no seu último número a revista Asymptote -unha das referencias mundiais no ámbito da creación literaria- publicou un dossier especial sobre a poesía galega contemporánea, os poetas participantes (Manuel Rivas, Chus Pato ou Gonzalo Hermo entre outros) incorporaron aos seus textos unha lectura en audio. A única que non puido facelo foi Luz Pozo Garza, que morreu antes da publicación. Agora, o Consello da Cultura Galega reúne a dez poetas galegos para ofrecer a lectura da súa escolma poética para Asymptote, acompañados da versión inglesa, realizada tanto en escrito como na súa lectura pola profesora Kathleen March. No proxecto participan Pepe Cáccamo, Yolanda Castaño, Xavier Seoane, Gonzalo Vázquez Pozo, Olivia Rodríguez, Eva Veiga, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xesús Alonso Montero e Carme Blanco.

Que che parece esta nova?
115 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Luz Pozo Garza, Xavier Seoane, Manuel Rivas...