Kathleen March: unha vida en dixital

Explora o especial do Álbum de Mulleres sobre esta investigadora

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Katlhen March

Katlhen March

Co gallo das xornadas homenaxe a Kathleen March que organiza o Consello da Cultura Galega, a Comisión de Igualdade da institución creou un especial dedicado a ela no Álbum das Mulleres. Segundo a comisión: "Kathleen Nora March é na actualidade é catedrática emérita de español na University of Maine. En 1975 veu a Galiza para investigar sobre a poesía de Manuel Antonio e aquí quedou prendida, galega por elección. Logo virían estudos sobre Carvalho Calero, Castelao, Luz Pozo, Xohana Torres e tamén Rosalía, a quen nos ensinou a ler como a literata consciente que foi, en diálogo permanente co pensamento e coa literatura universal do seu tempo. Segundo a propia Kathleen, foi a lectura e análise de La hija del mar o que a inspirou para estudar, a partir de 1988, a sempre complexa intersección entre literatura, feminismo e nacionalismo en Galicia.

As súas traducións de Cunqueiro, Rosalía e Otero Pedrayo son outra faceta dun traballo académico imprescindíbel, que axudou á proxección da literatura galega no ámbito anglosaxón. Nos anos 80 fundou e presidiu a Galician Studies Association (a actual Asociación Internacional de Estudos Galegos), que se revelou como unha utilísima ferramenta para impulsar os estudos galegos na academia norteamericana e, posteriormente, no ámbito internacional.

Nos últimos anos Kathleen Nora March está a recibir numerosos galardóns e recoñecementos polo seu labor, como o Premio da Cultura Galega no apartado de Proxección Exterior, que lle foi concedido en 2015.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un mapa de Xohana Torres

Un mapa de Xohana Torres

A Comisión de Igualdade do CCG estrea a sección 'Cartografías' no Álbum de Mulleres