A Real Academia Galega homenaxeará a Luz Pozo Garza o día do seu 95 aniversaio. O acto será o vindeiro venres 21 de xullo cunha homenaxe literaria e musical na sede da rúa Tabernas. Poetas e compañeiros de corporación (Luz Pozo é académica desde 1950) de distintas xeracións recitarán os versos da escritora, como Xosé María Álvarez Cáccamo, Yolanda Castaño, Olga Novo, Pilar Pallarés, Olga Patiño, Eva Veiga, Marilar Aleixandre, Xosé Luís Franco Grande, Salvador García-Bodaño ou Manuel Rivas. A escolma foi recollida nun opúsculo por Olivia Rodríguez, xunto con análises de Claudio Rodríguez Fer e Xesús Alonso Montero. O presidente da Academia, Víctor F. Freixanes, destaca que Luz Pozo Garza é "unha das voces máis excelsas, orixinais e vibrantes das nosas letras contemporáneas". Por outra banda, Bergondo homenaxeará á escritora Filomena Dato. O vindeiro mércores 26 celebrarase unha ofrenda florar e unha lectura de textos ao carón do cemiterio bergondés de Mouxo, e nos vindeiros meses instalarase un busto. A iniciativa partiu da asociación Irmáns Picallo.