A Coruña aposta polos recitais poéticos ao vivo para o inverno

O ciclo Poetas di(n)versos ofertará un destes espectáculos o último martes de cada mes

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Poetas das cinco linguas do Estado a recitar ao vivo na Casa doa Cultura Salvador de Madariaga. Esta é a proposta que fai a Concellaría de Cultura da Coruña co ciclo Poetas di(n)versos, que coordina Yolanda Castaño. A iniciativa arrinca o vindeiro 17 de novembro con Luís Eduardo Aute e Lucía Aldao. Continuará o 15 de decembro con Luis García Montero e Luz Pozo Garza, e fechará o primeiro trimestre o 16 de xaneiro, Joan Margarit e Xosé María Álvarez Cáccamo. A intención do programa é ofertar unha destas actuacións o último martes de cada mes ás oito e media da tarde.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Xosé María Álvarez, Xosé María Álvarez Cáccamo, Lucía Aldao...