Comeza o segundo ciclo Poetas Di(n)versos na Coruña

Os recitais reunirán tres poetas galegos e tres foráneos

12/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

José Luís Peixoto e Miguel Anxo Fernán Vello abren, o vindeiro 23 de febreiro, o segundo ciclo Poetas Di(n)versos da Coruña. Os recitais, que reúnen un poeta galego cun foráneo, continuarán o día 16 de marzo con Luis Alberto de Cuenca e Luisa Castro e rematan o vinte de abril coa presenza de Kirme Uribe e María Lado. Todas as sesións desenvolveranse na Casa da Cultura Salvador de Madariaga ás oito e media da tarde.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Luisa Castro, Miguel Anxo Fernán Vello, María Lado...