O Premio Nobel Wole Soyinka participa no ciclo Poetas Di(n)versos

O nixeriano compartirá escenario coa galega Lupe Gómez este 26 de xaneiro na Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Protagonistas do recital de Poetas Di(n)versos. Fonte: Concello da Coruña

Protagonistas do recital de Poetas Di(n)versos. Fonte: Concello da Coruña

O ciclo Poetas Di(n)versos, que coordina na Coruña Yolanda Castaño, celebra este 26 de xaneiro unha edición moi especial dos seus recitais. O poeta nixeriano e Premio Nobel de Literatura Wole Soyinka subirá ao escenario da Ágora da cidade nunha sesión na que tamén participará a galega Lupe Gómez.

Esta é a primeira ocasión na que unha persoa galardoada co Premio Nobel participa deste ciclo nos seus 17 anos de historia. Yolanda Castaño lembrou ademais que o nixeriano anunciou a súa inminente retirada da vida públicao, o que fai da cita unha das últimas oportunidades para o ver recitar.

A sesión dá comezo á programación de Poetas Di(n)versos para o primeiro trimestre de 2026. Nesta prevese a participación da grega Dimitra Christodoulou e da galega Carmen Villar o vindeiro 16 de febreiro, mentres para o día 23 de marzo serán o colombiano Rómulo Bustos e o galego Xoán C. Rodríguez os que suban ao escenario.

Que che parece esta nova?
280 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nobel, Lupe Gómez, A Coruña, Yolanda Castaño...

Claves

Entidades
Lugares