Poetas Di(n)versos traerá a Gamoneda e a Frank Báez na súa xeira de inverno

Fatena Al Ghorra e María Xosé Queizán abren o ciclo este 22 de xaneiro

17/1/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Concello da Coruña acollía onte a presentación da xeira de inverno do ciclo Poetas Di(n)versos. A iniciativa que se desenvolve no Centro Ágora bota a andar este luns 22 de xaneiro cun recital da autora palestina Fatena Al Ghorra que compatirá escenario coa galega María Xosé Queizán. A seguinte sesión será o 19 de febreiro será Dores Tembrás, quen recitará ao carón de Antonio Gamonada, Premio Cervantes 2006 e Premio Nacional de Poesía Reina Sofía. O lugués Lois Pérez a dúo co dominicano Frank Báez fecharán esta xeira invernal o 19 de marzo. Como é habitual, Yolanda Castaño coordina o ciclo e presentará os diferentes encontros.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Xosé Queizán, Lois Pérez, Dores Tembrás, Yolanda Castaño...