Comeza un novo ciclo de Poetas Di(n)versos

Alvin Pang, Peru Saizprez e Erin Moure son algúns dos convidados

10/10/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Anunciouse o cartel do novo ciclo de Poetas Di(n)versos, que coordina na Coruña Iolanda Castaño. Tres luns nos que poetas foráneos ofrecen recitais, no centro Ágora coruñés, acompañados de homólogos galegos. O 20 de outubro recitarán Alvin Pang e Berta Dávila, o 17 de novembro será a quena de Peru Saizprez e David Creus e o 1 de decembro de Erín Moure e María Reimóndez. Sempre ás 20.30 h.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Erín Moure, María Reimóndez, Berta Dávila, Ágora...