A poesía galega chega á publicación Asymptote da man do Consello da Cultura

Oito poetas do país incorpóranse nun dosier a este web que seguen 5 millóns de persoas

17/4/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

Nomes consolidados do panorama poético galego coma Chus Pato, Manuel Rivas ou Luz Pozo Garza, canda a figuras máis novas coma Ismael Ramos, Alba Cid ou Lara Dopazo Ruibal, ademais de Gonzalo Hermo e Eva Veiga incorpóranse á prestixiosa publicación internacional Asymptote da man do Consello da Cultura Galega. A institución apoiou o lanzamento do dosier Galician Poetry Feature sobre a nosa lírica nesta revista electrónica que seguen cinco millóns de persoas. Os poemas de autoría galega foron traducidos por nomes como Eirín Moure, Jonathan Dunne, Neil Anderson ou Kathleen March.A selección foi coordinada por Jacob Rogers.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións
Compartir:

En concreto, Eirín Moire traduce a Chus Pato (The Face of the Quartzes); Jonathan Dunne a Eva Veiga (The Poems); Harriet Cook and Patrick Loughnane a Gonzalo Hermo (Six Poems); Neil Anderson a Ismael Ramos (Firelights); Jacob Rogers a Alba Cid (Atlas); Laura Cesarco Eglin a Lara Dopazo Ruibal (claus and the scorpion); Kathleen March a Luz Pozo Garza (Nine Poems) e Lorna Shaughnessy a Manuel Rivas (Three Poems).

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Jonathan Dunne, Alba Cid, Gonzalo Hermo...