Seara actualízase con Ánxel Fole, Xela Arias e Marica Campo

O CCG incorpora máis contidos ao seu espazo de literatura traducida ao inglés

30/9/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Seara, o proxecto de tradución de clásicos galegos ao ingles, acaba de actualizarse co gallo do Día Internacional da Tradución, que se celebra hoxe 30 de setembro. O proxecto, coordinado pola galicianista Kathleen March, incorpora relatos de Ánxel Fole, procedentes do seu libro máis coñecido, Á lus do candil traducidos por Jonathan Dunne, poemas de Xela Arias dos seus libros Tigres coma cabalos e Darío a diario pasados ao inglés por Harriet Cook, unha escolma de relatos de Marica Campo traducida por Kathleen March. A edición 2025 de Seara incorpora tamén exemplos de cantigas populares galegas traducidas, tamén por Kathleen March, e interpretadas por Alba María, ao fío do Día das Letras Galegas 2025.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Seara, Xela Arias, Marica Campo, Tradución...