A Consellaría de Cultura presenta Folks from here and there

Small Stations Press edita a primeira tradución de Cunqueiro ao inglés en quince anos

Capa de <i>Folks from here and there</i>
Capa de Folks from here and there
A profesora Kathleen March asina a tradución para o inglés do libro Xente de aquí e de acolá de Álvaro Cunqueiro. A Consellaría de Cultura presentaba esta mañá Folks from here and there na biblioteca da Cidade da Cultura nun acto no que tamén estaba presente Jonathan Dunne, responsable de Small Stations Press, coeditora do volume canda á Xunta. Esta versión é a primeira en inglés do autor mindoniense nos últimos quince anos, e pode consultarse un framento da mesma no web da editora.