A partir do vindeiro mes de outono a literatura galega contará cunha nova fiestra na lingua inglesa. A editora Small Stations Press, que dirixe Jonathan Dunne comezará entón a publicación da colección Galician wave, que se dedicará a obras de literatura xuvenil xa editadas na nosa lingua. Aire negro de AgustÃn Fernández Paz, A Pomba e o Degolado de Fina Casalderrey, O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, e o primeiro volume da triloxÃa Dragal, de Elena Gallego Abad serán os primeiros tÃtulos que farán parte da serie. A tradución ao inglés é do propio Dunne e o deseño dos libros corre a cargo de Yana Levieva.