As letras galegas conquistan novas fronteiras

Traducións para o búlgaro, o ruso e o xaponés poñen de actualidade a exportación da nosa literatura

2/10/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Que me queres, amor?, de Manuel Rivas, a poesía completa de Lois Pereiro e Aire negro, de Agustín Fernández Paz son os últimos títulos de literatura galega que se acaban de publicar en búlgaro. A editora inglesa Small Station Press, do tradutor Jonathan Dunne, é a reponsable destas edicións, que se suman a obras como Memorias dun neno labrego e O lapis do carpinteiro. Canda a estas obras, estes días coñeciamos tamén o lanzamento en xaponés, da man do selo Pulp Books, da obra A arte do fracaso de Berta Dávila. E a pasada semana coñeciamos tamén o recente lanzamento en ruso dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, no marco da Antoloxía da literatura galega que dirixe Elena Zernova e que conta xa con dezaoito volumes no seu haber.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Berta Dávila, Jonathan Dunne, Rosalía de Castro...