Sae do prelo a primeira edición monolingüe en inglés de Follas novas

A canadense Erín Moure fixo a tradución que publican Small Stations Press e a Xunta

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Sae do prelo a primeira edición monolingüe en inglés de Follas novas

Small Stations Press e a Xunta de Galicia acaban de presentar ao público a primeira edición monolingüe en inglés de Follas novas, de Rosalía de Castro. New Leaves ve a luz nunha tradución da poeta canadense Erín Moure, que xa se encargara de trasladar Cantares gallegos, no marco da colección "Galician Classics". O lanzamento súmase a outros títulos xa integrados nesta colección, como son Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, unha escolma de Lois Pereiro, Nimbos, de Díaz Castro e Cantares gallegos, da propia Rosalía. Con anterioridade a esta edición, a editorial viguesa Trymar presentara en 2014 unha versión bilingüe inglés-galego desta mesma obra, con tradución de Xosé Carlos Morell. Do mesmo xeito, diferentes poemas do libro viran a luz na lingua de Shakespeare en distintas antoloxías e artigos.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Erín Moure, Small Stations Press, Cantares Gallegos...