Preséntase a tradución de Ilustrísima ao inglés

Está editada por Small Stations Press

15/5/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Hoxe pola mañá presentouse na Cidade da Cultura a primeira tradución ao inglés dunha das obras singulares de Carlos Casares, Ilustrísima, en inglés His Excelency, traducida ao inglés por Jacob Rdogers para o proxecto editorial Galician Casslics da editora Small Stations Press, que xa conta con sete libros de autores como Cunqueiro, Rosalía ou Celso Emilio Ferreiro. A novidade editorial foi presentada na Cidade da Cultura polos secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente; polo administrador da Fundación Carlos Casares e fillo do escritor, Håkan Casares; polo editor Jonathan Dunne, pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo; e polo membro da Real Academia Galega Manuel González, no marco da exposición bibliográfica confeccionada pola Biblioteca de Galicia para celebrar as Letras Galegas 2017 e que leva por título Casares: arte e pensamento para Galicia.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito