Seara incorpora unha antoloxía de Chus Pato traducida ao inglés

Ao longo da semana tamén se difundirán obras de Otero Pedrayo e Dieste

30/9/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura

A poeta Chus Pato. Foto: Xas / Wikipedia

A coincidir co Día Internacional da Tradución, o Consello da Cultura Galega incorpora novos contidos ao seu web Seara, a iniciativa para traducir á lingua inglesa clásicos "novos e vellos" da literatura galega. O proxecto, coordinado pola recoñecida académica e tradutora norteamericana Kathleen March, publica desta volta unha antoloxía de textos de Chus Pato, galardoada recentemente co Premio Nacional de Poesía, traducidos por Erín Moure, xa accesible desde hoxe. Ao longo desta semana difundiranse tamén unha escolma de contos de Ramón Otero Pedrayo, traducidos pola propia Kathleen March, e de Rafael Dieste, a cargo de Jonathan Dunne.


Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chus Pato, Seara, Jonathan Dunne, Rafael Dieste...