O IV Día de Urbano Lugrís reivindica o traballo do pintor na Coruña

Celébrase o vindeiro 21 de decembro con roteiros, obradoiros e poesía

12/12/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Por cuarto ano consecutivo, A Coruña lembrará o traballo de Urbano Lugrís. O colectivo In Nave Civitas organiza o cuarto Día de Urbano Lugrís a percorrer os murais que o artista deixou na cidade. Un obradoiro de customización de paraguas con motivos mariños e surrealistas dará paso a un "desfile surrealista" polas rúas que culminará nun recital poetico. A coincidir con esta celebración, o Museo de Belas Artes da Cidade Herculina recibirá o mural Visión da Coruña 1830. In Nave Civitas agasallou a institución con esta peza que Lugrís pintara nun piso de Madrid e que agora foi extraída e trasladada á sede desta institución.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Urbano Lugrís, A Coruña, Obradoiro, Poesía...