Restaurado un mural de Urbano Lugrís nun céntrico restaurante santiagués

Lugrís rescatado

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

Un dos traballos do que foi considerado o "último bohemio", Urbano Lugrís, volve a lucir con todo o seu explendor. Trátase dun mural de oito metros de longo, dividido en oito planchas, que ilustra motivos clásicos, metade surrealista, metade metafísica.

Avatares

Urbano Lugrís realizou ó longo de toda a súa traxectoria artística diversas pinturas sobre as paredes de restaurantes e bares. En diversos establecementos hostaleiros en Vigo, A Coruña e, agora, Compostela póndese gozar de diversos exemplos desta expresión artística. Varias mostras que se engaden ós que foron destruídos en Alicante ou Madrid.
O mural que se rehabilitou en Santiago, parte dunha iniciativa persoal do propio dono do local. Un establemcemento que pechou en 1954, que ocasionou que o mural sufrira numerosos danos, polo que precisou dunha profunda restauración para que conserve o seu aspecto orixinal.




e motivos

A pintura de Urbano Lugrís está relacionada sempre con motivos mariñeiros, unha influencia que se deixa notar da súa Malpica natal. E este mural que se acaba de recuperar non é unha excepción; praias desoladas, restos de naufraxios, serpres atacando valresos, sereas aladas, gaivostas e faros compoñen as oitos planchas que conforman o mural recén rehabilitado.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Urbano Lugrís, Clásicos, Naufraxios, Malpica...