A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural anuncia hoxe a través do Diario Oficial de Galicia que comeza a incoación do expediente para declarar Ben de Interese Cultural o mural do pintor Urbano LugrÃs que se conserva na coruñesa Rúa Real. O anuncio sinala que a peza "é unha obra paradigmática do seu autor, resultado do momento da súa plenitude artÃstica, singular polas súas dimensións e repleto dos seus elementos identificables máis caracterÃsticos". Asimesmo, recoñe que "aÃnda non se conserva na súa totalidade, pode apreciarse coas suficientes condicións de integridade e os seus motivos manteñen as súas caracterÃsticas compositivas e comunicativas intactas".
A peza realizouse entre 1950 e 1959 para o salón de baile dunha sala de festas da rúa Real, e logo de diferentes remodelacións acabou facendo parte da decoración do Caffé Vecchio. A incoación do expediente para a declaración realÃzase como consecuencia da solicitude de protección que fixo Asociación Cultural O Mural e conta con informes favorables dos servizos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, do Consello da Cultura Galega, da Real Academia Galega de Belas Artes e mais da Universidade de Santiago de Compostela.