A Asociación O Mural solicita a declaración BIC para novos frescos de Lugrís

Alerta do risco que corren os murais do pintor que se conservan na rúa Olmos da Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural deberá decidir se lle outorga a protección de Ben de Interese Cultural aos murais que o pintor Urbano Lugrís realizou no edificio do número 25 da rúa Olmos, na Coruña. A Asociación O Mural, que defende a conservación destas obras, solicitoulle formalmente ao departamento da Xunta esta declaración, para a que dispón dun prazo de seis meses.

Os frescos, que representan vistas da cidade e fondos mariños, atópanse nun estado de conservación descoñecido e corren perigo polo importante deterioro do edificio. A Asociación leva tempo a reclamar unha inspección destes bens e a súa protección, e lembra que o pasado 24 de novembro a galería deste edificio e varios cascotes caeron á rúa. A Xunta outorgáralle en 2016 a máxima protección patrimonial a outro mural do pintor localizado nun edificio da Rúa Real.

Que che parece esta nova?
113 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Urbano Lugrís, Ben de Interese Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural...