Dúas novas ofertas compiten por se facer cos murais de Lugrís da Rúa Olmos

A galería viguesa Montenegro é unha das entidades que poxaron polas obras

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A venda dos murais de Urbano Lugrís que se conservan no edificio do antigo restaurante Fornos, na coruñesa Rúa Olmos, está a erguer expectación. Á oferta inicial por esta ducia de pezas, de 30.000 euros, e á que realizou a Xunta de Galicia, cifrada en 35.000, sumáronse outras dúas, de contía descoñecida.

A galería viguesa Montenegro confirmaba este 27 de febreiro estar detrás dunha destas novas ofertas. Segundo afirmou Víctor Montenegro, responsable deste espazo, a súa oferta é superior economicamente á realizada pola Xunta.

Ademais, segundo revelan hoxe diferentes medios, o xulgado do Mercantil número 3 da Coruña recibiu tamén unha cuarta oferta dentro do prazo legal para poxar. Tamén se deu a coñecer que detrás da oferta inicial de 30.000 euros está a mesma empresa que poxou por se facer polos dous edificios que albergan estes murais.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Urbano Lugrís, Xunta de Galicia

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos