Saen á venda os murais de Urbano Lugrís na Rúa Olmos da Coruña

Un xulgado da Coruña recibiu unha oferta de 30.000 euros por estes bens

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Existe alguén interesado en adquirir os murais de Urbano Lugrís que se conservan no número 25-27 da rúa Olmos da Coruña. O Boletín Oficial do Estado publicaba este 15 de febreiro o anuncio no que o xulgado do Mercantil número 3 da Coruña sinalaba ter recibido unha oferta de 30.000 euros por estas obras de arte e abría un prazo de 5 días para a mellorar.

Segundo recollen este 21 de febreiro diferentes medios da cidade, a oferta fai parte do procedemento de concurso de acredores ao que están sometidos os antigos propietarios do edificio en estado ruinoso que alberga estes frescos. Segundo anunciou o Concello, o edificio en si xa foi vendido e os novos responsables iniciaron traballos para evitar máis filtracións de augas como as que podían estar a afectar aos murais.

A Asociación O Mural, que leva anos a reivindicar a protección destes bens, sinalou que a oferta está moi por baixo do valor real dos murais, pero celebra que haxa interese por os adquirir e evitar a súa degradación.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Urbano Lugrís

Claves

Protagonistas