A través do exercicio do dereito de tanteo correspondente aos bens BIC, a Xunta comunicou ao Xulgado Mercantil número 3 da Coruña a súa resolución para igualar a oferta máis alta, de 36.000 euros, presentada por un particular, e facerse cos murais de Urbano LugrÃs existentes nos números 25 e 27 da rúa Olmos da Coruña. Deste xeito pecharase un proceso cheo de incertezas respecto ao futuro destas obras de arte do artista tras o inicio dun procedemento de concurso de acredores ao que están sometidos os antigos propietarios do edificio en estado ruinoso que alberga estes frescos. O oferta inicial da Xunta de Galicia foi de 35.000 euros, pero viuse superada por outras.
A situación motivou a incoación do expediente BIC destes murais o pasado mes de marzo cando o proceso xa estaba iniciado e con ofertas, algunha das cales retirouse por este motivo. Agora a ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude exerce asà o seu dereito de adquisición preferente, recollido na Lei de Patrimonio Cultural para aqueles bens que contan co máximo nivel de protección, igualando a oferta feita por un particular. Segundo afirma o goberno autonómico, o obxectivo desta adquisición é protexer e restaurar o conxunto mural para poñelo a disposición da cidadanÃa e para garantir a súa conservación e proxección cara ás futuras xeracións.. Para iso, o Goberno galego avaliará a posibilidade de trasladalos ao Museo de Belas Artes da Coruña, tendo en conta o interese común por manter as obras na cidade, a importancia de que non se disgreguen e se manteñan xuntas no futuro, asà como a posibilidade de que sexan públicas, garantindo o acceso á cidadanÃa en calquera situación.