Coa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia da Declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) do conxunto de pinturas murais do antigo restaurante Fornos ou murais do Fornos, sito na cidade da Coruña dáse un paso máis cara a recuperación destas obras que, segundo admite o propio informe da declaración, están en situación de deterioro e algunhas en grave risco. Segundo o texto de xustificación que soporta esta declaración, non hai dúbida ao valorar o carácter excepcional deste conxunto de obras do artista Urbano LugrÃs (A Coruña, 1908 – Vigo, 1973) no local do antigo Restaurante Fornos, e que chega a definir como "a Capela Sixtina" das obras murais do artista. Estas obras xa son parte do patrimonio da comunidade arestora xa que A Xunta fÃxose con elas exercendo o seu dereito de tanteo nunha subasta.
Este conxunto de doce obras murais que hoxe alberga este inmoble en estado ruinoso, ten un "carácter excepcional dentro de toda a produción artÃstica de Urbano LugrÃs", segundo considera o informe. Xa que dá testemuño do nivel que chegou a adquirir no ámbito da composición e da creatividade na decoración de interiores asà como "das experiencias persoais e culturais que marcaron a definición dun estilo propio e único". Nas doce obras que alberga o inmoble están representados todos os mundos do universo pictórico de LugrÃs.
Tamén se fai referencia explÃcita á simbiose entre a arte e o espazo arquitectónico no que se fixo. A declaración remarca que a pintura e a arquitectura forman parte dun "todo único e só como tal pode comprenderse na súa auténtica dimensión artÃstica: panos de parede, arcos, linteis, integración de elementos decorativos como os espellos e as vieiras coa torre de Hércules". Esta relación indisoluble para a valoración reforza claramente a intención xa declarada por parte do titular da carteira de Cultura, José López Campos, de facerse coa propiedade do inmoble para o patrimonio público e levar a cabo alà as labores de recuperación, posta en valor e divulgación destas obras, como xa avanzou nunha reunión coas outras administracións implicadas na que expuxo as dificultades de traslado das pezas. Segundo avanzou López Campos na súa intervención isto suporÃa un importante investimento que se elevarÃa ata os máis de 1,2 millóns de euros.