O goberno local da Coruña quere os murais de Urbano LugrÃs que se conservan no local do antigo restaurante Fornos, na Rúa Olmos, obteñan a declaración de Ben de Interese Cultural. Asà o asegurou o concello no seu web a sinalar que a súa intención é iniciar o procedemento de cara a conseguir a máxima protección legal para estas pezas. As pinturas atópanse nun serio risco de deterioro e na actualidade figuran no Catálogo do Patrimonio Cultural.
De cara a obter esta declaración, o concello contará con "informes e asesoramento de Juan M. Monterroso, especialista na obra de LugrÃs e profesor e investigador do departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, e de Begoña Fernández RodrÃguez, profesora titular do mesmo departamento", segundo sinala o web municipal.
A posibilidade dun deterioro irreversible destes murais por mor do estado ruinoso do edificio motivou unha importante mobilización social na cidade ao longo dos últimos meses. O Concello enviou técnicos a revisar estas pezas e estes elaboraron un informe que sinala que, malia a estar en mal estado de conservación, "nalgún caso crÃtico", son recuperables mediante unha actuación urxente de consolidación previa a traballos de restauración.
O goberno municipal realizou un requirimento aos propietarios do edificio para que acometan accións de reparación por valor de 90.000 euros, que no caso de non realizar, acometerá a propia Administración Local de xeito subsidiario.