Segundo informa o xornal La Voz de Galicia, a xuÃza da sección 2.ª da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de admitir a trámite o recurso que a asociación cultural O Mural interpuxo ante o silencio da Xunta á súa petición de incoación de expediente para a declaración como Ben de Interese Cultural do fresco de Urbano LugrÃs existente nun restaurante da coruñesa Rúa dos Olmos. A asociación O Mural presentou unha petición no mes de decembro de 2022 á Dirección Xeral de Patrimonio para solicitar a incoación do expediente, un primeiro paso que xa de por si darÃa unha protección á obra, pero ante a ausencia de comunicación a favor ou en contra da solicitude decidiron iniciar esta vÃa xudicial, que a xuÃza admitiu a trámite. A posibilidade dun deterioro irreversible destes murais por mor do estado ruinoso do edificio motivou unha importante mobilización social na cidade ao longo dos últimos meses. O Concello enviou técnicos a revisar estas pezas e estes elaboraron un informe que sinala que, malia a estar en mal estado de conservación, "nalgún caso crÃtico", son recuperables mediante unha actuación urxente de consolidación previa a traballos de restauración.
Os murais de Urbano LugrÃs existentes no restaurante Fornos da Coruña xa contan coa protección contemplada pola súa catalogación no plan de urbanismo da Coruña. O pasado mes de abril o Concello afirmou o seu desexo de que obteñan a declaración de Ben de Interese Cultural. Asà o asegurou o concello no seu web a sinalar que a súa intención é iniciar o procedemento de cara a conseguir a máxima protección legal para estas pezas. As pinturas atópanse nun serio risco de deterioro e na actualidade figuran no Catálogo do Patrimonio Cultural. De cara a obter esta declaración, o concello contará con "informes e asesoramento de Juan M. Monterroso, especialista na obra de LugrÃs e profesor e investigador do departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, e de Begoña Fernández RodrÃguez, profesora titular do mesmo departamento", segundo sinalaba o web municipal. O goberno municipal realizou un requirimento aos propietarios do edificio para que acometan accións de reparación por valor de 90.000 euros, que no caso de non realizar, acometerá a propia Administración Local de xeito subsidiario. Desde a Asociación O Mural cren que hai "desleixo" tanto na administración local como na autonómica neste sentido, segundo recolle o xornal La Voz de Galicia.