A nova Galería LAR abre cunha exposición da saga Lugrís

O espazo da Coruña inaugurouse amosando obras de Urbano Lugrís pai e Lugrís Vadillo

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

'A saga dos Lugrís' é o título da exposición coa que inicia a súa andadura e galeria de arte LAR na rúa Emilia Pardo Bazán da Coruña. Nesta mostra recolle traballo de Urbano Lugrís (A Coruña, 1908- 1973) e do seu fillo Urbano Lugrís Vadillo (1942-2018), tamén un reputado artista. En total son 10 as obras que se exhiben neste novo espazo, tres de Urbano Lugrís pai e sete do fillo. A nova galería LAR é un proxecto do coleccionista e anticuario Juan Olives Orrit e propón para ela ofrecer unha colección "dinámica e variada" de pintura galega, de diferentes autores, buscando, segundo as súas intencións, un "reflexo da herdanza cultural de Galicia".

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Urbano Lugrís, A Coruña, Galería, Emilia Pardo Bazán

Claves

Conceptos
Lugares